Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.808

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 16 de abril de 1997 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, dos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (Corcubión número un e seis máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 15 de abril de 1997. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de xustiza. Praza de Galicia, s/n 15071 A Coruña.

Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta Xerencia Territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado décimo primeiro da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Sala de Goberno do 10-4-1997.

Provincia da Coruña:

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Corcubión, número un, Juan Francisco Riobo Fernández.

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Noia, número dous, Ana Isabel Villar Fernández.

Provincia de Pontevedra:

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cangas, número un, Benita María Gándara Valije.

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cangas, número dous, Anselmo Menéndez Villalba.

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados número dous, Gloria Carolina Pereira Santiso.

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilagarcía de Arousa, número 1, María Dolores Blanco Pereira.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilagarcía de Arousa, número dous, María do Carme Santos Caballero.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, contado a partir do seguinte ó da súa notificación. O cal lle comunico para o seu coñecemento e para os demais efectos. O Xerente Territorial. P.A. a Xefa de Sección de Apoio. Rosa María Navarro Cañas. Asinado. Hai un carimbo da saída da Xerencia Territorial».

Así mesmo faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos feitos pola Sala de Goberno de data 20-4-1997, cabe interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, xunto con esto remítolle a V.E. o nomeamento, co rogo de que remita a esta presidencia un exemplar no que conste aquela para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 16 de abril de 1997.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia