1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Pontedeume.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c) Número de expediente: 5/1997.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: abastecemento de auga en Ombre e Campolongo.
b) Lugar de execución: Ombre e Campolongo. Pontedeume.
c) Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 8.431.483 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 168.630 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Pontedeume.
b) Domicilio: Rúa Real, nº 13.
c) Localidade e código postal: Pontedeume 15600.
d) Teléfonos: 43 30 54-43 30 96.
e) Fax: 43 33 68.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día que se sinale como derradeiro para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os sinalados no prego.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: en horario laboral de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio neste diario oficial.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de condicións.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, 2º andar (Rúa Real, 13. CP 15600 Pontedeume).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: admitiranse un máximo de dúas ofertas variantes en alternativas.
9. Apertura das ofertas.
Terá lugar no primeiro andar da Casa do Concello, ás 10 horas do día seguinte hábil ó que se sinale como derradeiro para a presentación de ofertas.
10. Outras informacións.
Sección de contratación (Rúa Real, 13-2º andar, 15600 Pontedeume. Teléfonos 43 30 54-43 30 96. Fax: 43 33 68).
11. Gastos de anuncios.
Os gastos derivados dos anuncios oficiais ou en medios de comunicación serán por conta do adxudicatario.
Pontedeume, 11 de abril de 1997.
Belarmino Freire Bujía
Alcalde
2700