Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación das obras de remodelación da praza de España e rúa do Comercio en Monforte de Lemos (clave 97.01.LU).

Procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono nº: (981) 54 43 71. Telefax nº: (981) 54 43 43.

2.A) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación: execución das obras contidas no proxecto: remodelación da praza de España e rúa do Comercio en Monforte de Lemos.

C) Orzamento total: cincuenta e seis millóns catrocentas noventa e oito mil duascentas vinteseis (56.498.226) pesetas, IVE incluído.

3.A) Lugar de execución: termo municipal de Monforte de Lemos.

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: as definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: tres (3) meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato: escritura pública.

6.A) Solicitude de documentación para participar no concurso: Copynino en r/ Xeral Pardiñas, nº 2, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 58 89 38.

O custo total para adquirir copia de toda a documentación ascende a catro mil (4.000) pesetas (IVE incluído).

B) Data límite de presentación de proposicións: vixésimo sexto día contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Dirección á que deberán enviarse as ofertas: Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Registro xeral. Edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións: en acto público o sexto día hábil que non coincida en sábado contado a partir do da finalización de presentación de proposicións, ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional dun millón cento vintenove mil novecentas sesenta e cinco (1.129.965) pesetas de acordo co establecido no apartado H) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de dous millóns duascentas cincuenta e nove mil novecentas trinta (2.259.930) pesetas, segundo o definido no apartado I do cadro de características do citado prego.

As mencionadas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria:

Clasificación: grupo C, subgrupo 5, categoría b); grupo C, subgrupo 6, categoría e); grupo I, subgrupo 1, categoría b).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2754