O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contado a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de construcción do aproveitamento hidroeléctrico de Cabo, no río Deva, concello da Cañiza (Pontevedra) promovida por Hidromedia Galicia, S.L.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse a disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Pontevedra.
-Concello da Cañiza.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente
3061