Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 1997 Páx. 3.713

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1997 pola que se nomea a Rosa María Álvarez Otero, profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía celular, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde (praza 21/1996).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía celular, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde, a prol de Rosa María Álvarez Otero, DNI nº 34.925.027, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Rosa María Álvarez Otero, profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía celular, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de marzo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2709