Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 378/1996).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 6 de marzo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle na zona 5 do SU-22, a pedimento de Antonio González Ferreño, en representación de Río Camba, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de quince días, que empezará a contar a partir do día seguinte á publicación de este anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Ourense, 25 de marzo de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

2962