Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración de material informático para as delegacións do Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C97002.

Obxecto do contrato: subministración e posta en funcionamento de 40 ordenadores, 6 impresoras láser e un ordenador portátil, así como a subministración do software básico necesario para o seu funcionamento.

Lugar de execución: servicios provinciais de Consumo.

Prazo de execución: será de 30 días desde a sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: oito millóns novecentas mil pesetas (8.900.000 ptas.).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (178.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Prz. de Europa 10, A 2ª (Edif. Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 54 45 12.

Fax: 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Prz. de Europa 10, A 2º (Edf. Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 de L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Praz. de Europa 10, A 2ª (Edif. Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, se éste fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

2801