Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de abril de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica proposta de liquidación contida na acta A02 polo imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, período 1992.

Segundo o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común procédese a notificar a Dolores Rey Blanco con NIF 35248871-Z, con último domicilio coñecido en r/ Arzobispo Malvar, nº 14 de Pontevedra.

Imposto: Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

Período: 1992

Concepto: compra-venda de vivenda sita en Marín.- Acta de inspección número 1113.0, modelo A02, incoada con data 24 de xaneiro de 1997 segundo o seguinte detalle:

Base Impoñible: 8.000.000 de pesetas.

Cota 6 %: 480.000

Sanción 60 por 100: 288.000

Xuros de demora (1): 231.039

Total débeda tributaria: 999.039 pesetas.

(1) 920 días ó 12% = 145.184; 527 días ó 11% = 76.235 e 77 días ó 9,5% = 9.620

A inspección advirte o interesado do seu dereito a presentar perante o xefe do Servicio de Inspección Tributaria, a través da Secretaría Administrativa de Inspección, as alegacións que considere oportunas, logo da posta de manifesto do expediente se así o desexa, dentro do prazo dos quince días seguintes ó sétimo posterior á data da publicación deste anuncio, servindo a devandita acta para a iniciación do expediente a que se refire o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.

Pontevedra, 2 de abril de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

2844