Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.669

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1997 pola que se nomea a Ana María Consuelo Gago Martínez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de química analítica, do departamento de Química Analítica e Alimentaria (praza 27/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade, do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de química analítica, do departa

mento de Química Analítica e Alimentaria, a prol de Ana María Consuelo Gago Martínez, DNI nº 36.011.552, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Consuelo Gago Martínez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de química analítica, do departamento de Química Analítica e Alimentaria.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 26 de marzo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2706