Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 18 de abril de 1997 Páx. 3.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de marzo de 1997 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de asesores técnico-pedagóxicos en centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

O artigo 8 do Decreto 42/1989, do 23 de febreiro (DOG do 31 de marzo), polo que se regulan os centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios establece que en cada centro de formación continuada do profesorado existirá un equipo de asesoramento técnico-pedagóxico, constituído por profesorado en réxime de dedicación total ou parcial que será seleccionado mediante concurso público de méritos e nomeado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Unha vez postos en funcionamento os centros de formación continuada do profesorado, cos cadros de persoal correspondentes, cómpre renova-lo tercio de asesores técnico-pedagóxicos de cada un deles que establece o citado decreto, á vez que se cobren postos que quedaron vacantes no proceso selectivo anterior e baixas xurdidas sen ter rematado o período de nomeamento.

En consecuencia e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería,

DISPÓN:

1. Obxecto:

Convócase concurso de méritos para cubrir 46 postos de asesores técnico-pedagóxicos nos centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios que se especifican no anexo I desta orde.

2. Concursantes:

Poderán participar neste concurso os profesores e as profesoras de centros públicos de niveis non universitarios, funcionarios de carreira, que reúnan os requisitos xerais fixados no apartado 3 desta orde e os específicos de cada praza relacionados no anexo I.

3. Requisitos:

O profesorado solicitante deberá reuni-los seguintes requisitos na data de publicación da presente orde:

a) Encontrarse en situación de servicio activo, ou servicios especiais, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a praza.

c) Estar en posesión da especialidade solicitada. No caso das tecnoloxías de información e das técnicas audiovisuais, requírese acreditar te-la formación respectivamente en programas de propósito xeral (tratamento de textos, xestores de bases de datos, follas de cálculo, editores de texto, etc.) e en conceptos básicos de lectura de imaxe (tipoloxía do plano, composición, encadramento, etc.), que se xustificará mediante certificacións de asistencia a cursos de perfeccionamento do profesorado, así como a participación como relatores en cursos da mesma natureza ou ben acreditar a través da dirección do centro, visada polo Servicio da Inspección, experiencia docente ou experiencia no desenvolvemento de programas informáticos ou audiovisuais.

d) Contar cun mínimo de 5 anos de experiencia docente como funcionarios de carreira.

e) Ter impartido ensino, polo menos tres anos, na especialidade, área, ciclo ou materia á que concursa, agás no caso das tecnoloxías da información e das técnicas audiovisuais.

f) Obter como mínimo dous puntos no apartado 7 do baremo que figura como anexo III a esta orde.

4. Instancias e documentación:

4.1. Instancias:

4.1.1. Os participantes no concurso poderán solicitar, como máximo, prazas de dúas especialidades consignándoas por orde de preferencia, mediante instancia por duplicado axustada ó modelo que se publica no anexo II desta convocatoria. O prazo de presentación de instancias e documentos será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4.1.2. A instancia e a documentación á que se alude no punto 4.2 da presente convocatoria, poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio admi

nistrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

4.2. Documentación:

Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

a) Relación numerada, datada e asinada da documentación presentada, segundo a orde que aparece no baremo establecido no anexo III.

b) Folla de servicios certificada e pechada ó 30 de setembro de 1996.

c) Certificación de posuí-la especialidade solicitada, agás no caso das tecnoloxías de información e das técnicas audiovisuais, que se acreditará mediante a participación en cursos ou a experiencia nos termos sinalados no apartado 3 c).

d) Certificación da dirección do centro, visada polo Servicio de Inspección, de ter impartido ensino, polo menos tres anos, na especialidade, área, ciclo ou materia á que concursa, agás no caso das tecnoloxías da información e das técnicas audiovisuais.

e) Documentación á que se refire o anexo III desta convocatoria, para acreditar, de maneira fidedigna, tódolos servicios e méritos alegados. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

f) Proxecto de traballo como asesor técnico-pedagóxico de formación continuada do profesorado, cunha extensión máxima de 20 folios escritos a dobre espacio. Non se valorarán os proxectos que superen a extensión fixada. O proxecto deberá conter unha xustificación desde o desenvolvemento concreto de tarefas que se vaian realizar en relación con cada unha das funcións sinaladas no apartado 8 da presente orde. A comisión de valoración convocará ós solicitantes a unha entrevista que versará sobre o proxecto.

5. Compulsa de documentos:

Tódalas fotocopias que se presenten deberán estar debidamente compulsadas.

6. Resolución do concurso:

6.1. O presente concurso será valorado por unha comisión formada polos seguintes membros:

-Presidente: O director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional ou persoa en quen delegue.

-Vocais:

a) O subdirector xeral de Ordenación Educativa ou persoa en quen delegue.

b) A xefa do Servicio de Formación do Profesorado.

c) A xefa do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

d) Tres membros dos Servicios de Inspección Educativa.

-Secretario:

Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos pertencentes á mesa sectorial de educación poderá nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

6.2. A comisión poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Os ditos asesores limitaranse a presta-la colaboración nas especialidades respectivas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), esta comisión considerarase incluída na categoría primeira.

6.3. Os membros da comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.4. No caso de empate, no total das puntuacións, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

1º Maior puntuación no apartado 1 do baremo.

2º Maior puntuación no apartado 2 do baremo.

3º Maior puntuación no apartado 3 do baremo.

4º Maior puntuación no apartado 4 do baremo.

5º Maior puntuación no apartado 5 do baremo.

6º Maior puntuación no apartado 6 do baremo.

6.5. A comisión elevará á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a relación ordenada dos concursantes con expresión das puntuacións parciais e total que a cada un lle fosen asignadas, segundo o baremo que figura no anexo III desta orde, e a oportuna proposta de adxudicación de prazas ós concursantes preseleccionados.

6.6. A relación provisional dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das súas delegacións provinciais, abríndose un prazo de 10 días naturais para presentar reclamacións. Transcorrido ese prazo, unha vez estudiadas, e se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, incluíndo a acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, na que conste o posto que se lle vai adxudicar a cada un deles.

6.7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no DOG a resolución definitiva do concurso, que esgotará a vía administrativa. Os concursantes que resulten seleccionados serán nomeados en comisión de servicios polo período establecido no artigo 8.2º do Decreto 42/1989, agás os designados para cubrir vacantes xurdidas, por razóns distintas á prescritiva renovación por tercios, segundo se establece no anexo I.

6.8. Unha vez publicada a resolución definitiva do concurso non se admitirá solicitude de renuncia a este, salvo situacións de excepcional gravidade. Neste caso a valoración corresponderalle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, que proporá a resolución que proceda.

6.9. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses desde a data do remate de presentación destas.

6.10. O complemento específico que teñen asignado os asesores e asesoras técnico-pedagóxicos para o presente ano é de 438.656 pesetas anuais.

7. Xornada de traballo:

Os profesores e profesoras que obteñan as prazas obxecto desta convocatoria estarán obrigados a desenvolve-la xornada de traballo de acordo co horario e calendario propostos polo centro de formación continuada e aprobados pola delegación provincial. O horario será de trinta e sete horas e media á semana, distribuídas en trinta horas de permanencia e dedicación directa no centro de formación continuada ou en centros docentes nos que se desenvolvan actividades de formación ou de asesoramento do profesorado, e as restantes, contabilizadas en cómputo mensual, dedicaranse a actividades de formación permanente ou a outras, de carácter excepcional, necesarias para o desempeño das súas funcións.

8. Funcións dos asesores técnico-pedagóxicos:

Os asesores técnico-pedagóxicos desempeñarán as seguintes funcións:

a) Elaborar, baixo a coordinación da dirección, o plan anual de actividades do centro de acordo coas directrices do Plan Xeral Anual da Consellería e do Plan Provincial, e a memoria anual da súa execución.

b) Prestar asesoramento ó profesorado adscrito ó centro de formación continuada.

c) Dar soporte e coordina-los proxectos experimentais que a Administración lles confíe.

d) Promove-la dinamización pedagóxico-didáctica dos centros de ensino situados no ámbito de actuación do centro de formación.

e) Elabora-lo estudio das necesidades de formación do profesorado dos centros educativos comprendidos no seu ámbito de actuación e programa-las actividades necesarias para a súa satisfacción.

f) Elabora-los materiais didácticos de apoio ó proceso de ensino-aprendizaxe.

g) Valorar, desde a perspectiva da súa utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe, os materiais didácticos que vaian incorporando ó centro.

h) Aquelas determinadas polas circulares 18/1992 e 19/1992 e instruccións da Dirección Xeral de Educación Básica do 16-10-1992 e aqueloutras que se poidan determinar regulamentariamente.

9. Devolución da documentación presentada:

Os interesados ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación presentada para acredita-los méritos alegados, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Avda. San Lázaro nº 107, 15771, Santiago de Compostela), no prazo de trinta días pasado un mes desde a publicación no DOG da resolución definitiva do concurso.

10. Recurso:

Contra a presente orde e os actos que se deriven dela, os interesados poderán interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

OFERTA DE POSTOS DE ASESORES TÉCNICO-PEDAGÓXICOS POR LOCALIDADES E PARA CADA CEFOCOP

1. Corpo de mestres; 2. Profesores de ensino secundario; 3. Profesores de artes plásticas e deseño; 4. Profesores técnicos de formación profesional; 5. Profesores de escolas oficiais de idiomas; 6. Catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

A CORUÑA

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación infantil3 anos1
Plástica e visual 2 anos 2,3
Tecnoloxía 3 anos 2,4
Lingua galega 3 anos 1,2,5
Técnicas audiovisuais 3 anos 1,2,4
Educación física 3 anos 1,2

FERROL

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación especial3 anos1
Educación primaria3 anos1
Plástica e visual2 anos 2,3
Lingua galega 3 anos 1,2,5
Lingua castelá, literatura e linguas clásicas3 anos1,2
Linguas extranxeiras3 anos1,2,5
Técnicas audiovisuais2 anos 1,2,4
Música2 anos 1,2,6

SANTIAGO DE COMPOSTELA

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación infantil3 anos1
Educación especial3 anos 1
Plástica e visual3 anos 2,3
Técnicas audiovisuais 3 anos 1,2,4
Música3 anos 1,2,6

LUGO

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación infantil3 anos1
Plástica e visual 3 anos 2,3
Tecnoloxía 3 anos 2,4
Tecnoloxía da información3 anos 1,2,4
Educación física3 anos 1,2

OURENSE

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación especial3 anos1
Plástica e visual 3 anos 2,3
Ciencias naturais3 anos 1,2
Técnicas audiovisuais 3 anos 1,2,4
Educación física 3 anos 1,2

EXTENSIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS

EspecialidadePeríodoCorpo

Ciencias sociais, xeografía e historia3 anos1,2

PONTEVEDRA

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación especial3 anos1
Educación primaria3 anos1
Plástica e visual 2 anos 2,3
Tecnoloxía 3 anos 2,4
Lingua galega 3 anos 1,2,5
Lingua castelá, literatura e linguas clásicas3 anos 1,2
Tecnoloxía da información1 ano 1,2,4

VIGO

EspecialidadePeríodoCorpo

Educación especial3 anos1
Plástica e visual 2 anos 2,3
Tecnoloxía 3 anos 2,4
Ciencias naturais1 ano1,2
Lingua galega 3 anos 1,2,5
Lingua castelá e literatura3 anos 1,2
Linguas extranxeiras2 anos 1,2,5
Tecnoloxía da información3 anos 1,2,4
Linguas clásicas3 anos 2

ANEXO II

MODELO DE INSTANCIA

POSTOS DE ASESORES TÉCNICO-PEDAGÓXICOS PARA CENTROS DE FORMACIÓN CONTINUADA DO PROFESORADO DE NIVEIS NON UNIVERSITARIOS

APELIDOSNOME

q 1.- Corpo de mestres

q 2.- Corpo de profesores de ensino secundario

q 3.- Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

q 4.- Corpo de profesores técnicos de formación profesional

q 5.- Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

q 6.- Corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas

SOLICITA ser admitido/a ó concurso de méritos para prover postos de asesores técnico-pedagóxicos na/s especialidade/s que se sinalan por orde de preferencia:

1.

2.

e para os centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios que se relacionan a continuación segundo a orde de preferencia:

1.-......................... 5.-......................

2.-......................... 6.-......................

3.-......................... 7.-......................

4.-......................... 8.-......................

1.-DATOS PROFESIONAIS:

Corpo ............................... NRP........................... Centro de destino..........................................

CP........................... Localidade..............................................Provincia........................................

2.-DATOS PERSOAIS

DNI...................Teléfono........................... Enderezo ...............................................................

CP ......................... Localidade...................................................... Provincia................................

3.-DOCUMENTOS QUE XUNTA: Relaciónense en folla á parte

--------------------, ---- de -------------------- de 1997

(sinatura do/a interesado/a)

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

ANEXO III

BAREMO

POSTOS DE ASESORES TÉCNICO-PEDAGÓXICOS PARA CENTROS DE FORMACIÓN CONTINUADA DO PROFESORADO DE NIVEIS NON UNIVERSITARIOS

CONCEPTOSPUNTOS POR CURSO

OU ACTIVIDADE

TOTAL

PUNTOS

MÁXIMO

DOCUMENTOS

XUSTIFICATIVOS

1. ANTIGÜIDADE

1.1. Por cada ano de servicios como funcionario docente.

(Non se computarán os esixidos como requisito)

1.2. Pola condición de catedrático adquirida.

0,20

0,20

3,00

0,20

Fotocopia

compulsada

do título

administrativo.

2. MÉRITOS RELACIONADOS CO POSTO A QUE ASPIRA

2.1. Dirección e organización ou participación como relator en actividades de formación do profesorado relacionadas coa especialidade solicitada. Non se valorarán as actividades de dirección e organización inherentes ó posto de traballo desempeñado.

Ata 25 horas..............0,10

de 26 a 50 horas........0,20

de 51 a 100 horas......0,30

de 101 a 150 horas....0,40

máis de 150 horas......0,60

3,00Fotocopias
2.2. Coordinador de seminarios permanentes, proxectos de investigación e innovación curricular, investigación-acción e proxectos de formación en centros relacionados coa especialidade solicitada e autorizados polas administracións educativas.0,25 por actividade3,00compulsadas

2.3. Participación en programas de investigación educativa, investigación-acción, seminarios permanentes e proxectos de formación en centros relacionados coa especialidade solicitada e autorizados polas administracións educativas.

0,20 por actividade3,00das

2.4. Desempeño de postos na Administración educativa relacionados coa formación permanente do profesorado e con programas específicos.

0,25 por curso1,50certificacións

2.5. Experiencia nas asesorías técnico-pedagóxicas ou similares.

0,25 por curso1,50acreditativas
Non serán compatibles as valoracións dos apartados 2.2 e 2.3 referidas á mesma actividade.
3. ASISTENCIA A CURSOS

Por asistencia a cursos, xornadas, encontros, simposios e grupos de traballo.

Non serán compatibles as valoracións dos apartados 2.1. e 3 referidas á mesma actividade.

Ata 25 horas............0,10

de 26 a 50 horas......0,20

de 51 a 100 horas....0,30

de 101 a 150 horas..0,40

máis de 150 horas...0,60

3,50

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

4. TITULACIÓNS ACADÉMICAS

4.1. Título de doutor.

4.2. Titulacións de grao superior distintas ás esixidas para o ingreso no corpo desde o que participa.

4.3. Titulacións de grao medio ou diplomaturas distintas ás esixidas para acceso ó corpo desde o que participa.

1,50

1,00

0,50

3,00

2,00

1,00

Fotocopia do título ou certificado de estudios.

CONCEPTOSPUNTOS POR CURSO

OU ACTIVIDADE

TOTAL

PUNTOS

MÁXIMO

DOCUMENTOS

XUSTIFICATIVOS

5. CURSOS E ACTIVIDADES RELACIONADOS COA LINGUA GALEGA

5.1. Iniciación.

5.2. Perfeccionamento.

5.3. Especialización

(A puntuación destes cursos non é acumulable)

5.4. Por cada ano de traballo no equipo de potenciación de galego no centro.

0,50

1,00

1,00

0,25

1,00

0,75

Fotocopia compulsada da certificación acreditativa.

Certificado do director do centro co visto e prace da inspección.

6. PUBLICACIÓNS

Publicacións escritas, audiovisuais ou informáticas de carácter científico e/ou pedagóxico-didáctico relacionadas coa especialidade.

3,00

Exemplares correspondentes con ISBN.

7. PROXECTO DE TRABALLO COMO ASESOR TÉCNICO-PEDAGÓXICO DE FORMACIÓN PERMANENTE E ENTREVISTA.

(Puntuación mínima esixida para este apartado, 2 puntos)

Ata

5,00

Proxecto.

Puntuación máxima total34,45

2811