Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 24 de marzo de 1997, acordou aproba-lo orzamento reformado polas obras de acondicionamento e mellora da praza de abastos de Vilagarcía de Arousa (2ª fase), anulando o trámite de contratación conforme os anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo de 1997 e BOP do 13 de marzo de 1997 e convocar nova poxa.

1. Obxecto do contrato: as obras de acondicionamento e mellora da praza de abastos de Vilagarcía de Arousa (2ª fase).

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 21.000.000 de pesetas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar na poxa será de 420.000 pesetas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral) en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 25 de marzo de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde