Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 2 de abril de 1997 polo que se lle comunica inicio de expediente de incumprimento á empresa Saprocarne, S.A., expediente 3/93.0097.8993.N.0441080590 de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Saprocarne, S.A. titular do expediente 3/93.0097.8993.N.0441080590 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista, que con data 25 de marzo de 1996 a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento, ó estimar que a entidade no acreditou o cumprimento da cláusula cuarta da resolución de concesión de data 14 de decembro de 1993 nin consta o importe de efectiva cancelación do pasivo que se ía reestructurar.

O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, r/Frei Rosendo Salvado, nº 16, baixo, logo de petición de hora, ó teléfono (981) 54 11 65 de luns a venres, de 8.30 a 9 horas, e concédeselle un prazo de quince días para que alegue e presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2871