Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 2 de abril de 1997 polo que se lle comunica trámite de audiencia no expediente de incumprimento iniciado á empresa Martínez Cacheda, Francisco Javier, expediente 1/93.0048.3004.N.9310 de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Martínez Cacheda, Francisco Javier, titular do expediente 1/93.0048.3004.N.3910 relativo á subvención ó tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista, que con data do 25 de marzo 1996, a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento, notificado ó titular o 30 de abril de 1996.

O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, r/Frei Rosendo Salvado, nº 16, baixo, logo de petición de hora, ó teléfono (981) 54 11 65 de luns a venres, de 8.30 a 14 horas, e concédeselle un prazo de quince días para que alegue e presente os documentos e xustificantes que considere pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2670