Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación de asistencias técnicas 1/1997, mediante o sistema de concurso con procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación de asistencias técnicas para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 horas ás 14 horas, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas nº 4 e 6, baixo.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización da ampliación do levantamento topográfico e actualización das bases na zona de concentración parcelaria de Faramontaos-Proente (A Merca-Ourense) LP-2377-ES/OUR-97.04.

Orzamento: catro millóns cento once mil cincocentas setenta e nove (4.111.579) pesetas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización da ampliación do levantamento topográfico e actualización das bases na zona de concentración parcelaria de Vilar de Vacas-2ª fase (Cartelle-Ourense) LP-2405-ES/OUR-97.05.

Orzamento: cinco millóns catrocentas trinta e sete mil novecentas quince (5.437.915) pesetas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Santa Uxía de Lobas (O Carballiño-Ourense) BD-2086-ES/OUR-97.06.

Orzamento: cinco millóns catrocientas dez mil oitocentas vinteunha (5.410.821) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Flariz (Monterrei-Ourense) AC-2362-ES/OUR-97.07.

Orzamento: oito millóns catrocentas cinco mil oitocentas dúas (8.405.802) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Baltar-Tixós (Baltar-Ourense) AC-2363-ES/OUR-97.08.

Orzamento: sete millóns setecentas vintesete mil trescentas oitenta e dúas (7.727.382) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo I, subgrupo 4, categoría A.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Nigueiro-Garabelos-Ribeiro (Bande-Ourense) TP-1866-ES/OUR-97.09.

Orzamento: un millón oitenta e tres mil cincocentas catro (1.083.504) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Orga-Fechiñas-Soutomel (Celanova e A Bola-Ourense) TP-1855-ES/OUR-97.10.

Orzamento: un millón seiscentas vintedúas mil seiscentas oitenta e oito (1.622.688) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Monte Boián (Xinzo de Limia-Ourense) TP-2217-ES/OUR-97.11.

Orzamento: seiscentas cincuenta e catro mil duascentas once (654.211) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Paizás (Ramirás-Ourense) TP-2367-ES/OUR-97.12.

Orzamento: dous millóns cento noventa e tres mil setecentas dez (2.193.710) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria na zona de Boullosa-Gomariz (Baltar-Ourense) TP-2365-ES/OUR-97.13.

Orzamento: un millón oitocentas vinteoito mil noventa e dúas (1.828.092) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica das trazas dos camiños de concentración parcelaria na zona de Laza (Laza-Ourense) LC-2378-ES/OUR-97.14.

Orzamento: dous millóns duascentas mil trinta e tres (2.200.033) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica das trazas dos camiños de concentración parcelaria na zona de San Millán (Cualedro-Ourense) LC-2376-ES/OUR-97.15.

Orzamento: un millón vinteseis mil seiscentas oitenta e unha (1.026.681) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento por topografía clásica das trazas dos camiños de concentración parcelaria na zona de Santa Uxía de Lobas (O Carballiño-Ourense) LC-2379-ES/OUR-97.16.

Orzamento: setecentas oitenta e dúas mil duascentas trinta e tres (782.233) pesetas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona de Monte Boián (Xinzo de Limia-Ourense) RF-2222-ES/OUR-97.17.

Orzamento: dous millóns seiscentas noventa e unha mil setecentas oitenta (2.691.780) pesetas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da Zona de Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense) TP-2368-ES/OUR-97.18.

Orzamento: dous millóns novecentas vintesete mil (2.927.000) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona de Bustelo-Casasoa (Xunqueira de Ambía-Ourense) TP-2370-ES/OUR-97.19.

Orzamento: tres millóns trescentas trinta e sete mil oitocentas sete (3.337.807) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense) TP-2369-ES/OUR-97.20.

Orzamento: dous millóns trescentas corenta e unha mil seiscentas (2.341.600) pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

Ourense, 4 de abril de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

2695