Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 20 de marzo de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para ordenación de terreos na Avda. das Carolinas, redactado por A.B. Arquitectura, S.L. e promovido por Coprarosa, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 117 do Real decreto lexislativo 1/1992, polo ques e aproba o texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de quince días, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 4 de abril de 1997.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde