Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de modificación singular número 6 das normas subsidiarias de ordenación urbana do municipio de Nigrán.

O Concello de Nigrán, por acordo plenario do 31 de xaneiro de 1997, aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, o proxecto de modificación singular nº 6 das normas subsidiarias municipais do planeamento municipal, que ten por obxecto outorga-la cualificación de equipamento sociocultural e administrativo a un terreo lindante coa Casa Consistorial, coa finalidade de situar nel unha serie de servicios administrativos, ademais de dispoñer de espacio para un centro cultura.

Por aplicaicón do previsto no artigo 8 d) da mencionada Lei 7/1995, do Parlamento de Galicia, a eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificación aprobada quedan condicionadas á recepción do expediente pola consellería competente e á publicación da ordenanza segundo o establecido na lexislación do réxime local.

A citada resolución pon fin á vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio. A interposición do referido recurso requirirá a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 18 de febreiro de 1997.

José Villar Pereira

Alcalde

2761