Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 15 de abril de 1997 Páx. 3.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 19 de marzo de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador PO-0810-96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-0810-96.

Denunciada: Ana García Méndez.

Enderezo: Paradela, Ponte-Caldelas (Pontevedra).

Vigo, 19 de marzo de 1997.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

2618