Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.508

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 10 de abril de 1997 polo que se publican as listas provisionais dos aspirantes a contratacións temporais da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Con data do 31 de xaneiro de 1997 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio da convocatoria dos aspirantes a contratacións temporais da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

As litas provisionais de admitidos e excluídos desta convocatoria están expostas no taboleiro de anuncios do Centro de Transfusión de Galicia, Avda. Monte da Condesa, s/n, Santiago de Compostela. Nestas listas figura tamén a puntuación de cada un dos aspirantes conforme a documentación achegada por estes. O prazo de reclamacións finalizará o 21 de abril de 1997.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1997.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro de Transfusión de Galicia