Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a subministración dun sistema informático corporativo.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S97/44.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: un sistema informático corporativo.

b) Número de unidades que hai que entregar:

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 35.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 700.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si, ata un máximo de tres, deberán axustarse ás prescricións técnicas previstas no prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: proposición que presenta... (nome ou denominación

social do licitador), para optar ó concurso para a subministración dun sistema informático corporativo.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 3 de abril de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2505