Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997 polo que se anuncia concurso público aberto por trámite de urxencia para a contratación da impresión editorial de 2.000 exemplares do libro Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que trámita o expediente: servicios centrais do Ente Público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.SUB-02/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración da impresión editorial de 2.000 exemplares do libro Portos de Galicia.

b) Número de unidades que se van entregar: 2.000.

c) Lugar de entrega: sede central do Ente Público Portos de Galicia.

e) Prazo de entrega: 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación do contrato, salvo que o adxudicatario ofertase outro menor.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.700.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento base de licitación 94.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación 188.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, 5A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límte de presentación: as 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase as doce horas do décimo día natural contado desde o día seguinte ó fin do prazo de admisión de ofertas deste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as doce horas do seguinte día hábil. A mesa de contratación cualificará previamente a documentacion do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios da sede central do ente, o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

2572