Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de marzo de 1997 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Satu número 1.

Visto o expediente incoado por Saturnino Cores Rial, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Satu número 1, outorgado pola orde ministerial do 14-10-1970, situada na cuadrícula nº 21, do polígono E de Cambados, rematando a concesión o 9-11-2000, e do que era titular Saturnino Cores Aragunde.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o cuaderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Saturnino Cores Rial.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 10 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Pontevedra

2782