Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/150-2-4632 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. de distribución na rúa-Benito Vicedo.

Situación: Monforte de Lemos.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20

kV de 150 mm Al, cunha lonxitude de 61 metros. Centro de transformación de distribución tipo edificio de 1.000 kVA 20.000 kV, con dúas celas de liña e unha cela de protección, para mellora do servicio eléctrico na zoa rúa Benito Vicedo, en Monforte de Lemos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 6 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-2583