Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (7/1997).

En virtude do que ten acordado a maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 7/1997, sobre insultos e desobediencia a axentes da autoridade, por medio da presente cédula cítase a María Luisa Jiménez Jiménez, en calidade de denunciada e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 16 de abril de 1997, ás 10.25 horas, compareza na sala de audiencias número tres, que lle corresponde a este xulgado, situada no primeiro andar do edificio dos xulgados, rúa Viena, 1-3, polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do mencionado xuízo de faltas, facéndolle saber que pode acudir acompañada de letrado, e advertíndoa de que deberá comparecer cos medios de proba de que intente valerse,

e que se non o verifica recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

O secretario

Rubricado

1538