Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 14 de abril de 1997 Páx. 3.473

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de catedrático de universidade, creadas en virtude dos méritos investigadores e académicos en xeral, do profesorado desta universidade. (Da 1469 á 1488/1997, ámbalas dúas inclusive).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Así mesmo, poderán acceder os nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter cumpridos os 70 anos de idade.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de estaren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade os que estiveran contratados durante máis de dous anos como axudantes desta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e no prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2, outros ingresos, Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. A ausencia de acreditación do pagamento destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo o modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, xuntando xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de súa constitución.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Oitava.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, debendo presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

-Número de prazas: 1

Praza número: 1469/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal

Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Vexetal

Actividades que realizará quen obteña a praza: ecoloxía vexetal. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1470/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias morfolóxicas

Departamento ó que está adscrita: Ciencias Morfolóxicas

Actividades que realizará quen obteña a praza: bioloxía humana. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1471/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: edafoloxía e química agrícola

Departamento ó que está adscrita: Edafoloxía e Química Agrícola

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1472/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería química

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Química

Actividades que realizará quen obteña a praza: enxeñería química e medio ambiental. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1473/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: farmacia e tecnoloxía farmacéutica

Departamento ó que está adscrita: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1474/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: farmacoloxía

Departamento ó que está adscrita: Farmacoloxía

Actividades que realizará quen obteña a praza: farmacoloxía, veterinaria e ficotoxinas. Lugo

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1475/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: lingua española

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela/Lugo

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1476/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía francesa

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Francesa e Italiana

Actividades que realizará quen obteña a praza: lingüística francesa. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1477/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía románica

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega

Actividades que realizará quen obteña a praza: gramática galega. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1478/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxías galega e portuguesa

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega

Actividades que realizará quen obteña a praza: gramática galega. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1479/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: filosofía

Departamento ó que está adscrita: Filosofía e Antropoloxía Social

Actividades que realizará quen obteña a praza: pensamento e discurso. A filosofía en Galicia. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1480/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: óptica

Departamento ó que está adscrita: Física Aplicada

Actividades que realizará quen obteña a praza: óptica. Óptica integrada. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1481/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: física atómica, molecular e nuclear

Departamento ó que está adscrita: Física de Partículas

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1482/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: fisioloxía

Departamento ó que está adscrita: Fisioloxía

Actividades que realizará quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1483/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: prehistoria

Departamento ó que está adscrita: Historia I

Actividades que realizará quen obteña a praza: prehistoria e etnoloxía. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1484/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: historia medieval

Departamento ó que está adscrita: Historia Medieval e Moderna

Actividades que realizará quen obteña a praza: historia medieval de Galicia. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1485/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: medicina

Departamento ó que está adscrita: Medicina

Actividades que realizará quen obteña a praza: medicina interna e neuroloxía. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1486/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía

Actividades que realizará quen obteña a praza: técnicas de modificación de conducta. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1487/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: química física

Departamento ó que está adscrita: Química Física

Actividades que realizará quen obteña a praza: cinética química. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

-Número de prazas: 1

Praza número: 1488/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade

Área de coñecemento á que corresponde: química orgánica

Departamento ó que está adscrita: Química Orgánica

Actividades que realizará quen obteña a praza: química orgánica. Santiago de Compostela

Clase de convocatoria: concurso

1905