Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

A Alcaldía, o día dezasete de febreiro de mil novecientos noventa e sete, dictou a seguinte resolución:

«Asunto: resolución da Alcaldía sobre outorgamento de licencias de construcción de vivendas unifamiliares en zona residencial extensiva do solo urbano do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Nos últimos meses de 1996 constatouse un incremento considerable da petición de licencias de construcción dentro da zona residencial extensiva do plan xeral, ordenación regulada no capítulo 6 do seu título VII «Regulación do solo urbano. Ordenanzas» capítulo denominado significativamente «zona extensiva. Vivenda unifamiliar». Esta zona, segundo planeamento, engloba «ordenacións de tipo cidade-xardín, onde normalmente se produce un esquema ordenado e parcelatorio do solo, como os supostos de ocupación unitaria do parcelario existente con vivendas, onde en moitos casos, persiste a vinculación rural, no propio ámbito urbano», e así encadra ámbitos tan dispares como A Gándara en Lérez, A Chamusca en Salcedo, Estrigueiras en Campolongo, ou incluso a avenida Conde de Bugallal.

Esta alcaldía, o pasado tres do presente mes propúxolle á Comisión Informativa Municipal de Urbanismo que, sendo a realidade dos viais anteriormente referidos, e que aínda cando o planeamento fixa as aliñacións e rasantes, é ben certo que tales viais dispoñen da práctica totalidade dos servicios urbanísticos esixidos para a súa conceptuación como solo urbano, carecendo práctica e unicamente de encintado de beirarrúas e do largo previsto no planeamento, regulándose as normas de urbanización de viais no título IV do plan xeral, xunto ó proxecto técnico en que se fundamenta a licencia de construcción, o particular interesado aportará un proxecto de obra ordinaria recollendo a execución de beirarrúa na súa fronte e obrigándode á súa execución, ó tempo que cederá o espacio da súa propiedade fóra das aliñacións para posibilita-la íntegra execución do vial, de tal xeito que o concello redactará un proxecto de urbanización que será o documento rector de tales obras ordinarias, recollendo as

licencias concedidas e circunstancias específicas de «tira de corda», aliñacións e rasantes , establecendo o contido das determinacións de vialidade, técnicas e de servicio precisas.

A Comisión Informativa Municipal de Urbanismo, na sesión do 6-2-1997, por unanimidade dos seus membros presentes, dictaminou favorablemente a proposta desta alcaldía de outorgamento de licencia para a construcción de vivendas unifamiliares na zona residencial intensiva do PXOU, proposta que adoptará a forma de resolución dado o seu contido de interpretación, a cal se publicará sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñer os particulares contra os acordos singulares de resolución das licencias.

Co fin de que as actuacións desta Administración municipal estén presididas polo criterio da seguridade xurídica, manténdose uns criterios coincidentes e obxectivos, sen prexuízo de que se poidan interpoñe-los recursos procedentes contra os actos

singulares de resolución de licencias urbanísticas na zona residencial extensiva, esta alcaldía, en virtude de todas estas motivacións, dictame da Comisión Municipal de Urbanismo, e de conformidade coas atribucións conferidas pola lexislación de réxime local,

RESOLVE:

Primerio.-Con carácter previo, se é o caso, á solicitude de licencia de construcción, o particular interesado deberá solicitar información urbanística, presentando a documentación que establece o artigo 23 da normativa do Plan Xeral de Ordenación Urbana, xunto cun plano taquimétrico en todo o largo da parte do vial fronte ó cuarteirón no que se prevé a construcción.

O concello dictará informe sobre as aliñacións e rasantes de aplicación e os servicios existentes no vial e ante a parcela, así como se son aptos para servir á edificación existente ou a que se prevexa edificar.

Esta información urbanística será dictaminada pola Comisión Informativa Municipal de Urbanismo.

Segundo.-O outorgamento de licencias de construcción de vivendas unifamiliares, exclusivamente na zona residencial extensiva do plan xeral de ordenación municipal, e naquelas parcelas que non posúan a condición urbanística de soar por carecer exclusivamente de encintado de beirarrúas e do largo previsto no planeamento, servindo os restantes servicios urbanísticos para a edificación que sobre eles exista ou se teña que construír, precisarán que o particular interesado se comprometa á edificación e urbanización simultánea nos termos dos artigos 33.2º do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e 39 e 40 do Regulamento de xestión urbanística, aportándose xunto ó proxecto técnico no que se fundamenta a solicitude un proxecto de obra ordinaria nos termos establecidos no PXOU que prevexa a construcción de beirarrúa no fronte da parcela para dotala da condición de soar, procedéndose á cesión gratuíta do espacio situado fóra de aliñacións a este concello para integra-la vía pública con

elevación á escritura pública desta cesión por conta do particular unha vez outorgada a licencia, e prestándose fianza que garanta a obra de urbanización, que fixarán os servicios técnicos municipais.

A licencia de primeira ocupación verificará a correcta execución do proxecto de obra ordinaria sen que se poida utiliza-la construcción en tanto non se outorgue esta licencia, polo que a fianza non se devolverá ata a súa concesión.

Terceiro.-As parcelas que carezan doutros servicios urbanísticos distintos ó encintado de beirarrúas, deberanse urbanizar, ben a través dun proxecto de urbanización ben dun proxecto de obra ordinaria, se fose procedente, ata entroncar coas infraestructuras necesarias para que poidan prestarse os servicios públicos precisos para servir á edificación

que se teña que construír, rexéndose polas restantes determinacións do apartado anterior en canto ó encintado de beirarrúa na fronte da parcela e logo do planeamento.

A licencia de primeira ocupación verificará tamén a correcta urbanización e a procedencia da devolución da fianza.

Cuarto.-Dispoñe-lo outorgamento das licencias de vivenda unifamiliar que reúnan os requisitos anteriormente esixidos, sen prexuízo de que os servicios técnicos municipais redacten os proxectos de urbanización dos viais desta zona extensiva, que priorizará a Comisión Informativa Municipal de Urbanismo e que, nese suposto, servirán como documento rector da parcial materialización que supón o proxecto de obra ordinaria, sinalándose naqueles proxectos posteriormente as licencias, circunstancias, incidencias e cesións acaecidas.

Quinto.-Estas cesións e materializacións dos proxectos de obra ordinaria e, se é o caso, de urbanización de iniciativa particular, non eximirán da imposición e ordenación de contribucións especiais ós propietarios para a completa e íntegra urbanización do vial por iniciativa municipal nos termos do planeamento, correspondendo tamén ós particulares nese suposto, o custo da adecuación ou adaptación das rasantes e accesos á execución do proxecto de urbanización que materialice a Administración municipal.

Sexto.-Publicar este acordo no diario de Pontevedra, BOP e Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento e dar conta mediante comunicación individualizada del á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, colexios profesionais de arquitectos, enxeñeiros de camiños, canles e portos, industriais, arquitectos técnicos e aparelladores, técnicos de obras públicas, técnicos industriais, Asociación Provincial de Empresarios da Construcción e Servicio Municipal de Aguas-Aquagest.

Así o dispuxo e ordenou o alcalde, en Pontevedra, a dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e sete, ante o secretario xeral, que da fe da precedente resolución.

Alcalde: Juan Luis Pedrosa Fernández. Secretario xeral: Julio Dapena Outomuro».

O que se fai público para a súa executividade.

Pontevedra, 21 de febreiro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral