Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

O Pleno Corporativo, en sesión celebrada o día 4 do decembro de 1996, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana do termo municipal de Cedeira, así como somete-lo expediente a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e un dos diarios de maior circulación da provincia.

Durante o prazo dun mes, que se contará desde que apareza este anuncio no último dos boletíns, poderá ser examinado o expediente na secretaría do concello e presentar contra este as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Cedeira, 23 de decembro de 1996.

Leopoldo Rubido Ramonde

Alcalde