Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación ordinaria para o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Vilaxoán para a prestación do servicio de lonxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: 13-3-97-C01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Vilaxoán para a prestación do servicio da lonxa.

b) Lugar da concesión: Vilaxoán.

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: 196.253 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 19.625 ptas.

Definitiva: 98.127 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Area Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 47.

f) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que integrarán as ofertas: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

3ª Localidade e código postal. Santiago de Compostela. 15707.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio : Praza de Europa, 5ª-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

2411