Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/110-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a 20 kV, 2 CC.TT. de 50 kVA/U e R.B.T. a 380-220.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 760 m de lonxitude, en conductor LA-56, con

orixe na L.M.T. denominada Porto do Mouro-Melide (Expte. 29993) e remate no C.T. que se vai construir, de San Martín de Varelas. L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 623 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. denominada Porto do Mouro-Melide (Expte. 29993) e remate no C.T. que se vai construír, en Requeixo. Dous CC.TT., de 50 kVA cada un, en San Martín de Varelas e Requeixo. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-2483