Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta, das obras que se citan.

Resolución do 31 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta das obras que se citan.

A) Obras:

Clave: AC-97-165 Padrón.

Título: reparación de camiños no municipio de Padrón.

Orzamento: catorce millóns novecentas noventa e seis mil setenta e dúas (14.996.072) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: duascentas noventa e nove mil novecentas vinteunha (299.921) pesetas.

Clave: AC-97-174 Rois.

Título: acondicionamento e mellora da luz pública na travesía LC-301 Dices-Rois.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas noventa e seis mil duascentas setenta e cinco (24.996.275) pesetas.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas noventa e nove mil novecentas vinteseis (499.926) pesetas.

Clave: RC-AC-97.03.

Título: alargamento da ponte de Xubia e pavimentación acceos C-642, Ribadeo a Ferrol por Ortigueira.

Orzamento: vintecatro millóns duascentas trinta e catro mil trescentas dezaseis (24.234.316) pesetas.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría b. Grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas oitenta e catro mil seiscentas oitenta e seis (484.686) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantía que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña ás doce horas do décimo segundo día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 31 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

97-2679