Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 10 de abril de 1997 Páx. 3.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000109/1997, sobre a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 1997/1998.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000109/1997, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras contra Orde do 8 de xaneiro de 1997 (DOG 21/1/97) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 1997/1998.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

2531