Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión de terreos de dominio público portuario no porto de Cesantes (Pontevedra).

Cumpridos os trámites previstos pola Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, pola Lei 22/1988, de costas, polo seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e polas demais normas de procedente aplicación, acordouse por Resolución do 25 de febreiro de 1997, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorga-la concesión de dominio público portuario que a continuación se cita, con suxeición ás condicións estipuladas naquel acto.

Porto: Cesantes.

Consesionario: Rodríguez Pascual & Cía, S.L.

Obxecto: instalación de tuberías para servicio dunha fábrica de conservas.

Prazo: quince (15) anos.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

2356