Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de marzo de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Piluca VII.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que

foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Piluca VII.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 09, Portonovo «B».

Data da concesión: 30.03.1957 (BOE nº 105).

Data do remate da última prórroga: 17-4-2002.

Anterior concesionario: José Mª González Dopazo.

Novos titulares concesión: Francisco Luis Rodríguez Muñiz, Ramón Rodríguez Muñiz e Mª Victoria García Filgueras.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 6 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

2341