Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 08 de abril de 1997 Páx. 3.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación dos seguintes servicios: transporte das obras procedentes de Galicia para a exposición Galicia Terra Única (3 lotes), transporte, seguros, montaxe e desmontaxe das obras procedentes do exterior de Galicia para as exposicións de esculturas das comunidades autónomas do proxecto Galicia Terra Única e servicio de vixilancia e servicios auxiliares das exposicións do proxecto Galicia Terra Única, que se celebrará en Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de

concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación dos seguintes servicios:

-Transporte das obras procedentes de Galicia para a exposición Galicia Terra Única.

-Orzamento de licitación (3 lotes): vinteoito millóns de pesetas (28.000.0000 de ptas.), IVE incluído:

* Lote I: Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

-Orzamento de licitación: once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.), IVE incluído.

* Lote II: Vigo, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

-Orzamento de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), IVE incluído.

* Lote III: escultura exterior.

-Orzamento de licitación: sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación requirida : grupo III, subgrupo 9, categoría C.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Transporte, seguros, montaxe e desmontaxe das obras procedentes do exterior de Galicia para as exposicións de esculturas das comunidades autónomas do proxecto Galicia Terra Única.

-Orzamento de licitación: vintenove millóns de pesetas (29.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación requerida: grupo III, subgrupo 9, categoría C.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Servicio de vixilancia e servicios auxiliares das exposicións do proxecto Galicia Terra Única que se celebrará en Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

-Orzamento de licitación: corenta e sete millóns de pesetas (47.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 2, categoría C.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Exposicións dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán ó dispor do público no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se tramitan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dun lote, do servicio de transporte das obras procedentes de Galicia, a documentación xeral (sobre A) poderá ser común para todolos lotes ós que opten os licitadores, e para os outros servicios será necesario presentar un sobre A para cada un deles.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

José Mª. Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

2344