Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.224

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. CALATAYUD SEMPERE (VIGO).

ANUNCIO de poxa extraxudicial.

Na notaría de Vigo de Alejo Calatayud Sempere, sita en Príncipe, 34, número principal, en virtude de expediente extraxudicial nº 1/1996, provisional, seguido polo Banco Español de Crédito, S.A., contra Cándido Alonso García e a súa esposa María Oliva Esther Fernández Álvarez, en execución de hipotecas, celebrarase a correspondente poxa dos bens da parte hipotecante, nos días e termos seguintes:

Bens obxecto de poxa.

«1. Número vintedous. Vivenda E na planta cuarta do edificio sen número na rúa Felipe Sánchez, hoxe rúa Areal 78, de Vigo. Consta de entrada, sala de estar-comedor, tres dormitorios, dous baños, cociña, tendal e terraza. Ten unha superficie construída de cento vintenove metros cadrados e sete decímetros cuadrados útil de cento cinco metros cincuenta e un decímetros cadrados. Limita: leste, fronte, corredor de acceso a vivendas e vivenda D da súa planta; oeste, ou fondo, viúva do Fernández Arnaiz; norte ou dereita, patio de luces e viúva de Fernández Arnaiz; e sur, esquerda, Urgasa, S.A. Cota de participación 1,75%. Inscrita no Rexistro nº 1 de Vigo, tomo 780, folio 184 volto, predio 41902. Título. Compra a Liliana Beatriz Moreno Fernández, en escritura do 10 de marzo de 1992, nº 428 do protocolo, ante o notario de Redondela, José Antonio Cora».

2.6. Un. 5. Parcela de garaxe número corenta. Sitúase no soto da casa número 81 da rúa Marqués de Valladares, da cidade de Vigo, Pontevedra, desde a cal ten acceso. Destínase a garaxe aparcamento de vehículo de turismo. Mide uns oito metros oitenta e sete decímetros cadrados. Limita: norte, co número trinta e nove; sur, co número corenta e un; leste, zona común de acceso, e oeste, de Fernández Arnaiz. Cota de participación 0,255%.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo, tomo 724, folio 89, predio 52.362».

3. «Unha corenta e seisava parte indivisa do predio corenta e oito. Faiado, local destinado a rochos e salas de máquinas do edificio sinalado cos números 76 e 78, hoxe só 78, da rúa Areal, de Vigo, Pontevedra. Extensión: cincocentos oitenta e seis metros trinta e catro decímetros cadrados. Limita: fronte ou norte, rúa Areal; fondo ou sur, Urgasa, S.A., esquerda ou leste, patio de luces, medianil con Benito Seijas, José Maestu e outros, e dereita ou oeste, patio de luces e medianil con predio da viúva de Fernández Arnaiz. Cota de participación 0,45% (esta corenta e seisava parte indivisa de predio dá dereito ó uso exclusivo do rocho sinalado co número vinte no mesmo faiado». Inscrito no Rexistro nº 1 de Vigo, tomo 18, folio 199, predio 41.928».

Para o sinalamento, fíxase a primeira poxa para o día 10 de abril de 1997, ás dez horas; a segunda, se é o caso, para o día 8 de maio de 1997, ás dez horas, e a terceira, se é o caso, para o día 12 de xuño de 1997, ás dez horas.

As poxas celebraranse na notaría citada, rúa Príncipe, 34, principal, en Vigo, nos días e horas sinalados.

Verbo do tipo que servirá de base para as poxas, para a primeira, o tipo é de 26.509.000 pesetas para o primeiro predio; 1.070.000 pesetas para o segundo e 428.000 pesetas para a cota do terceiro predio; e con referencia á primeira poxa; e para a segunda, o setenta e cinco por cento da cantidade sinalada para cada unha, anteriormente, e a terceira, efectuarase sen suxeición a tipo.

A documentación e a certificación do Rexistro a que se refiren os artigos 236 a) e 236 b) do Regulamento hipotecario pódense consultar na notaría; entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas, gravames e asentos anteriores ás hipotecas que se executan continuarán subsistentes.

No que atinxe ós depósitos ou consignacións faise constar que os licitadores, coa excepción da parte acredora executante, se o fose, para tomaren parte na primeira ou segunda poxa, deberán consignar previamente na notaría o trinta por cento do tipo que corresponda. Na terceira poxa, o depósito consistirá nun vinte por cento do tipo da segunda.

Por último, para o caso de que a comunicación por correo certificado ó titular da última inscrición de dominio do lugar, día e hora fixados para a poxa, a que se refire o artigo 236.f5) do Regulamento hipotecario, resultase infructuosa ou negativa, servirá o presente anuncio e a súa publicación nos taboleiros de avisos do Concello e do Rexistro da Propiedade e, se fose o caso, no Boletín Oficial del Estado, para suplir e ter por efectuada correctamente a dita comunicación.

Vigo, 27 de xaneiro de 1997.

Rubricado