Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de espacios naturais C-18/1996 (E.N. Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución

por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 10 de marzo de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-18/1996.

Denunciado: José Ramón Costas Piñeiro.

Último domicilio coñecido: lugar Quintans, 64-Meiro. Bueu.

Feito denunciado: cazar xunto con outras dúas persoas frinxílidos utilizando unha rede de canón de 8 m e chamarices, o día 9 de novembro de 1996, termo municipal de Cangas.

Precepto infrinxido: artigo 38.13º da Lei 4/1989, en relación co artigo 4 e anexo III do R.D. 1095/1969.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000.

97-2330