Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/71-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Modif, 1, L.M.T., C.T. e R.B.T. en Manselle.

Situación: Dodro.

Descricións técnicas: modificado 1 a liña eléctrica de media tensión e C.T. a Manselle (expediente 52405) consistente en liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kVa, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 1.191 m de lonxitude, con orixe na liña Padrón-Imo e liña derivada a C.T. Tarrío de 88 m de lonxitude e mesmas características ó tramo anterior. Centro de transformación aéreo en Manselle de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formgión e conductor R.Z. de 85 m de lonxitude. Concello de Dodro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas insta

lacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 27 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2250