Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.189

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 21 de marzo de 1997 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, reformada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, de 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo de San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15711 Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un funcionario con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto o posto de traballo.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma

localidade do novo, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no DOG, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no apartado quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1997.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO I

Código do posto: XUC030000315770001.

Denominación: Sub. Xer. de Persoal ó Serv. Admón. de Xust.

Nivel: 30.

Específico: 2.229.156.

Grupo: A.

Corpo/escala: xeral/secretario xudicial.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: XUC030000315770004.

Denominación: Servicio de Xestión de Persoal.

Nivel: 28A.

Específico: 1.639.104.

Grupo: AB.

Corpo/escala: xeral/secretario xudicial.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: XUC030000315770010.

Denominación: Sección de Programación e Habilitación.

Nivel: 25.

Específico: 1.147.368.

Grupo: ABC.

Corpo/escala: xeral/secretario xudicial ou oficial da Admón. de Xustiza.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: XUC030000015770001.

Denominación: secretario/a do director xeral.

Nivel: 18.

Específico: 524.508.

Grupo: CD.

Corpo/escala: xeral/auxiliar Xustiza.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Admón. Local.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

NOTA: Úsese o que se publica na páxina 3.187.

2353