Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.166

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004565/1997, interposto por Construcciones Fontenla, S.A.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/0004565/1997, interposto por Construcciones Fontenla, S.A., contra a desestimación por silencio da Consellería da Presidencia e Administración Pública da solicitude do 28 de outubro de 1996 sobre o pago de xuros de demora da liquidación provisional da obra de construcción da piscina cuberta en Lalín, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-adiministrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

2406