Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día dez do actual, acordou aprobar con carácter definitivo a modificación puntual do artigo 67 da ordenanza reguladora do plan parcial do parque empresarial de Melide, conforme foi aprobado inicialmente en sesión do 24-10-1996 e polo tanto sen modificación ningunha, todo iso co quorum legamente esixido e unha vez que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, emitiu o seu informe preceptivo e vinculante, favorablemente.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño. Faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, podéndose interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, ante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación no BOP ou no DOG, último no que apareza, en tal caso deberá comunicarse previamente por escrito perante o órgano que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Melide, 12 de marzo de 1997.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde

988