En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección
de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: xoves empresarios.
Asinan a acta de constitución: Alfonso Salazar Martínez e nove persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 4 de marzo de 1997.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
2216