Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación da poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras de clave R/AC/97.2 e seis máis.

A) Obras.

1. Recargo e tratamentos asfálticos nos p.q. 49+800/53+700 e 54+800 ó 60+900 C-545 Santiago de Compostela a Baio.

Clave: R/AC/97.2

Orzamento: corenta e nove millóns catrocentas sesenta e tres mil setenta pesetas (49.463.070).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 989.261.

2. Acondicionamento da plataforma Betanzos-Santo Isidro, estrada AC-161 ramal de N-VI a Bergondo.

Clave: R/AC/97.4

Orzamento: corenta e cinco millóns novecentas oito mil cento trinta e oito pesetas (45.908.138).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 918.163.

3. Acondicionamento da plataforma na PO-213 A Estrada-Ponte Ulla p.q. 0+000/15+300.

Clave: RF/PO/97.6

Orzamento: sesenta e sete millóns oitocentas dezaseis mil novecentas unha pesetas (67.816.901).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.356.338.

4. Mellora e acondicionamento da OU-113 Castrelo do Val-Laza.

Clave: RC/OU/97.4

Orzamento: sesenta e nove millóns novecentas oitenta e tres mil trescentas cincuenta e unha pesetas (69.983.351).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.399.667.

5. Pintado de marcas viais e balizamento na C-642 de outras.

Clave: C/AC/97.1

Orzamento: trinta millóns cincocentas quince mil cincocentas noventa pesetas (30.515.590).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 610.312.

6. Pintado de marcas viais e balizamento na estrada C-540 e outras.

Clave: C/AC/97.2

Orzamento: vinteseis millóns setecentas oitenta mil catrocentas oitenta e cinco pesetas (26.780.485).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría c.

Garantía provisional: 535.610.

7. Pintado de marcas viais e balizamento na estrada C-550 e outras.

Clave: C/AC/97.3

Orzamento: trinta e un millóns trinta e dúas mil seiscentas vintecinco pesetas (31.032.625).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: 620.653.

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

97-2047