Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 20 de marzo de 1997, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Santiaguiño-Arrufana, parroquia de Louredo, deste municipio, o que se fai público, ó abeiro do establecido no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo e disposicións concordantes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a este concello (artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Mos, 25 de marzo de 1997.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde Acctal.