Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación de obras 1/1997, mediante o sistema de poxa, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de obras polo sistema de poxa, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación anexa, de acordo con proxectos e pregos aprobados. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de pregos e proxectos: estarán de manifesto nos Servicios de Contratación desta delegación (calle Florentino Cuevillas, 4-6, Ourense), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 R.X.C.).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: as 10 horas do undécimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título: proxecto da rede de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Randín (Concello de Calvos de Randín-Ourense) X-3573 - ES/OUR-97.01.

Orzamento: 53.789.673 pesetas.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría D.

-Título: proxecto da rede de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Baltar-Tixos (Concello de Monterrei-Ourense) X-3575 - ES/OUR-97.02.

Orzamento: 184.042.909 pesetas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría E.

-Título: proxecto da rede de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Flariz (Concello de Monterrei-Ourense) X-3425 - ES/OUR-97.03.

Orzamento: 163.169.812 pesetas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación dos contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría E.

Ourense, 21 de marzo de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

2073