Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación de predios afectados pola addenda 1 ó proxecto ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 21 de febreiro de 1997, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación da addenda 1 á

proxecto ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo.

Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expro

piación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar o vindeiro día 18 de abril en Vilalba.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se realciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 13 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO I

Relación de titulares descoñecidos

Termo municipal de Vilalba

Predio nº: LU-VI-1633/30V

Titular: descoñecido

Afección:-SP(ML): 0-OT(M):90

Dat. Cata:-Pol.: 128-Par: 548

Natureza: monte alto

Día/Hora: 18-4/11.30

2437