Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/34-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Turnes.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, e con conductor LA-56, de 669 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 29 da liña que alimenta o C.T. Bazar e Sabucedo (expediente 10829) e final no C.T. que se vai instalar en Turnes. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 en Turnes. Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2096