Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/36-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.TS e C.T. Montrove.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 670 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3x(1x240 mm Al), que parte da caseta de Lamastelle e final na L.M.T. aérea Perillo-Lamastelle, pasando polo C.T. que se vai construír de 630 kVA en Urb. Montrove, concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2095