Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. en rúa Reus, número 1.
Situación: Carballo.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV de 240 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm, que parte da L.M.T. existente denominada ó C.T. instituto e final no C.T. que se vai construír na rúa Reus, número 1 baixo, de 630 kVA a 15/20 kV-B. Concello de Carballo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 21 de febreiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
2090