Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1997 pola que se anuncia a licitación da poxa polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras de clave RC/PO/97.10 e cinco máis.

A) Obras.

1. Alargamento e mellora da estrada de Samieira a Castrelo, treito vía rápida Castrelo-Meaño.

Clave: RC/PO/97.10

Orzamento: setenta e nove millóns cento cincuenta e seis mil catrocentas corenta e oito pesetas (79.156.448).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría b; grupo A, subgrupo 2, categoría b; grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.583.129

2. Acondicionamento da plataforma nas estradas PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira e PO-402 Salvaterra de Miño-Vilasobroso.

Clave: RF/PO/97.4

Orzamento: oitenta e nove millóns duascentas sesenta e cinco mil trescentas noventa e unha pesetas (89.265.391).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.785.308

3. Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme AC-241 camiño de Ponte Ulla a Pontevea.

Clave: R/AC/97.7

Orzamento: sesenta millóns trinta e seis mil oitocentas corenta e unha pesetas (60.036.841).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: 1.200.737

4. Pavimentación, limpeza de foxos e sinalización na estrada C-641 Lugo a Ferrol por Vilalba, treito límite provincia de Lugo-As Pontes de García Rodríguez.

Clave: R/AC/97.5

Orzamento: setenta e tres millóns cincocentas corenta e seis pesetas (73.000.546).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.460.011

5. Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme AC-242 camiño de Pontevea a Padrón 66+515/68+850 e 73+505/76+325.

Clave: R/AC/97.6

Orzamento: vintecinco millóns novecentas setenta e sete mil catrocentas trinta e seis pesetas (25.977.436).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 519.549

6. Mellora do firme na C-543 de Santiago de

Compostela a Noia p.q. 0+000/21+500 e 25+000/34+130 Santiago de Compostela-Noia.

Clave: R/AC/97.1

Orzamento: corenta e nove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas trinta e nove pesetas (49.999.939).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 999.999

B) Documentos de interese para los licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

97-2493