Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público número 11/1997 para a contratación da subministración sucesiva de material de implantes de lentes intraoculares para o complexo hospitalario mediante procedemento aberto e urxente.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: a subministración sucesiva de material de implantes de lentes intraoculares para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

II. Orzamento: 5.132.100 pesetas (IVE incluído).

III. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación establecido.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e urxente.

V. Prazo de execución: desde o 1 de maio de 1997 ata o 31 de xullo de 1997.

VI. Admisión de variantes: se considerarám as proposicións que, respectando o obxecto da subministración e os prezos unitarios máximos, en relación co orzamento determinado, melloren as características mínimas esixidas.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios de que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios de que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IX. Criterios de adxudicación: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, Rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, Rúa Ramón

Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán aportar os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

2436