Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 02 de abril de 1997 Páx. 2.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso aberto con trámite de urxencia para a contratación das obras seguintes: proxecto de rehabilitación no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense) e construcción dun edificio para o Museo Arqueolóxico, fase II, de Lugo.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos

correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras seguintes:

Proxecto de rehabilitación no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense).

Orzamento de licitación: dezasete millóns catrocentas corenta e seis mil oitocentas setenta e tres pesetas (17.446.873 ptas) IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Construcción dun edificio para o Museo Arqueolóxico -Fase II-en Lugo.

Orzamento de licitación: trinta e tres millóns novecentas sesenta e nove mil catrocentas corenta e oito pesetas (33.969.448 ptas). IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 7, categoría d.

Nestas obras non se esixe fianza provisional.

Exposicións da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo , haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha dela.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

2069